«O movemento demóstrase andando». Diógenes, O Cínico.

Benvidos á Xornada » Veciñanza a recuperar espazos» que terá lugar no Cinema Adriano o día 11 de maio de 2019.

DESCRIPCIÓN DO EVENTO

Realización dunha xornada na que se reunirán distintos colectivos que levan a rehabilitación de espazos  autoxestionados, iniciativas veciñáis ou que denuncian unha situación de abandono. Estas agrupacións son de diferente tipo por localización, lexislación, propiedade do mesmo, o seu uso e o fin que se lle quere dar.

OBXECTIVOS                                   

  • Buscar e atopar solucións válidas para lograr un mellor desenvolvimento da actividade asociativa dentro do marco da recuperación de espazos.
  • Evitar a desaparición da memoria histórica que unha desaparición do espazo físico comportaría.
  • Buscar formas de desenvolvemento da historia que estes espazos comportan.
  • Atopar ferramentas útiles para resolver problemas financeiros, administrativos, legáis e técnicos.
  • Atopar unha maneira de axuntar esforzos para romper as barreiras que este tipo de proxectos atopan.
  • Detectar os puntos débiles e buscar solucións, tanto para eliminalos como para reconvertelos en positivos.
  • Atopar os puntos positivos e tratar de reforzalos.
  • Dar unha imaxe cohesionada dun movemento asociativo de autoxestión fronte á xestión tradicional.